Patrimonio

ACTUAMOS

Galicia conta cun rico patrimonio cultural constituído por bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deben ser estudados e considerados para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o departamento ao que lle corresponde a coordinación das actuacións en materia de patrimonio histórico, arqueolóxico, paleonto­lóxico, artístico, arquitectónico e etnolóxico en todas as súas manifestacións, así como en materia de museos.

A través dos seus departamentos, encárgase da protección, conservación e recuperación dos Camiños de Santiago, da promoción e xestión de actuacións arqueolóxicas, da conservación e difusión das coleccións museográficas e das obras de conservación e restauración do patrimonio histórico promovidas pola Xunta de Galicia.

Ademais, a Dirección Xeral é responsable dos procedementos vinculados co réxime xurídico de protección do patrimonio cultural, da xestión para as declaracións de bens de interese cultural, do catálogo e inventario do patrimonio e dos informes sobre o mesmo que poidan ser requiridos polas autoridades competentes.

Novas relacionadas

24/05/2023

O obxectivo da actuación que promove a Consellería de Cultura é resolver as diferentes patoloxías que afectan á conservación do ben e evitar o seu deterioro

24/05/2023

O evento ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’ será inaugurado mañá pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez

23/05/2023

A empresa Obras Gallaecia, gañou o contrato por máis de 570.000€ para garantir a protección e conservación deste Ben de Interese Cultural

11/05/2023

O obxectivo da actuación é, nun prazo de dous meses, resolver as patoloxías máis urxentes do edificio para garantir o uso cultural que ten na actualidade

11/05/2023

  • O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio coa Fundación Otero Pedrayo por 80.000 euros para repoñer o deseño que ideara o autor no seu momento

10/05/2023

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso co que o Goberno autonómico dá un paso máis para a súa futura rehabilitación

28/04/2023

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica o inicio do proceso de contratación desta obra que conta cun prazo de execución de tres meses

04/04/2023

O obxectivo desta actuación é evitar un posible deterioro irreversible no ben e a perda de elementos de valor artístico e cultural difíciles de recuperar

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, salienta o compromiso do Goberno galego co reforzo dos servizos culturais á disposición dos cidadáns

 

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita a mostra renovada polo Concello a través dun convenio de colaboración coa Xunta de case 55.000€ para incorporar as últimas doazóns de libros, cartas, fotografías e documentos persoais

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita hoxe o centro onde salienta “o paso adiante” que supón a ampliación para rede museística de Galicia “o restaurar elementos do patrimonio galego e sumar valiosos fondos para o público”,

31/03/2023

A actuación impulsada polo Goberno galego con preto de 700.000 € ten por obxectivo recuperar a calzada e mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo

31/03/2023

Como novidade deste ano, realizaranse dúas exhibicións diarias para ensinar ao público asistente as técnicas para facer lume durante a Prehistoria

30/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou esta colaboración nunha recente visita onde salientou o carácter “emblemático para o patrimonio galego” desta peza

 

30/03/2023

O obxectivo desta ferramenta é propoñer accións concretas para que este recurso cultural e turístico sexa visitable e comprensible por todo tipo de públicos

28/03/2023

Trátase da primeira actuación do Plan Catedrais da Consellería neste templo, que consistirá na limpeza de superficies da torre, encintado e selado de xuntas así como a consolidación e reposición do capitel, entre outras

28/03/2023

Os traballos permitirán mellorar as condicións de humidade do templo, un dos máis de 700 BICS galegos, e garantir a conservación das pinturas murais do interior

25/03/2023

O conselleiro destaca o compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio, cun incremento do 14 % nos Orzamentos de 2023 para este fin

Salienta o atractivo dinamizador deste valioso ben do Camiño do Norte

25/03/2023

Esta intervención encádrase no Plan Catedrais, a folla de ruta dotada con 36M€ para que os templos catedralicios afronten a década xacobea nas mellores condicións

24/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a presidenta do Padroado do museo, Concha Losada, asinan un convenio de colaboración que eleva a máis de 1,3M€ o financiamento do Goberno galego para este centro museístico nos últimos tres anos

15/03/2023

Felicita os recoñecidos no día grande da cultura galega e destaca os grandes éxitos que están a colleitar os autores en diferentes disciplinas no panorama nacional e internacional

11/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde, José Crespo, asinan un convenio para as actuacións de conservación



O Goberno galego achegará 900.000€, unha terceira parte xa este ano

04/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita este monumento no que se actuará cun prazo de execución aproximado de 12 meses

03/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e a alcaldesa visitan o ben no que o Goberno galego investirá preto de 140.000€

03/03/2023

A actuación que está a piques de rematar na fachada occidental permite mellorar a conservación, solucionar os problemas de humidade e realzar a contemplación do Pórtico do Paraíso grazas a unha nova iluminación

 

02/03/2023

O resultado da actuación de documentación e limpeza no antigo mosteiro de Castro Caldelas serán amosados o sábado nunha visita guiada

O percorrido partirá da igrexa de San Xoán de Camba a partir das 12,30 horas

20/02/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comproba o resultado dos traballos, acompañado da veciñanza

 

04/02/2023

O conselleiro de Cultura inaugura a rehabilitación de San Pedro de Vilanova, onde a Xunta de Galicia acaba de investir 300.000€

 

29/01/2023

O titular de Cultura expón que Galicia “traballa para estar preparada” e presentar as outras dúas candidaturas en marcha, Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Ferrol.

26/01/2023

Culmina o proceso aberto pola Xunta hai un ano para garantir a protección deste conxunto polo seu interese científico, histórico e arqueolóxico

18/01/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades anuncia que a Xunta restaurará este ano a igrexa de Santa María de Azougue, cunha achega de 220.000 €

 

11/01/2023

Permitirá compilar os coñecementos sobre o monumento, definir as necesidades de restauración e achegar propostas para un uso sustentable

28/12/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de licitar a actuación, tal e como se comprometera co Concello de Sanxenxo

Os traballos consistirán na limpeza da superficie pétrea do conxunto para consolidalo

20/12/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, inaugura a sexta edición do Foro Territorios Patrimonio que se celebra ata mañá en Monforte de Lemos

12/12/2022

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta cita da música e poesía galego-portuguesa que se celebra co apoio da Xunta

12/12/2022

Nas vindeiras semanas remataranse as actuacións nas capelas do Cristo de Burgos e da Comuñón, ás que o Goberno galego destina máis de 280.000 €

 

10/12/2022

Tras as escavacións feitas en xullo, neste último trimestre tamén se restituíron as bases de granito do seu patio porticado que dan forma ao cuartel xeral

05/12/2022

O Goberno galego vén de rematar a actuación na igrexa, claustro e áreas de visita pública deste Ben de Interese Cultural cun investimento de 500.000€

 

04/12/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes en Rabat no marco do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial

 

02/12/2022

Salienta que o conxunto histórico como hoxe o coñecemos non se podería explicar sen os 30 anos deste organismo e animou a sentar as bases das próximas décadas

 

01/12/2022

A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acada este recoñecemento, unha distinción que só obtiveron hoxe catro propostas a nivel internacional

 

30/11/2022

Representantes dos catro municipios avalaron a candidatura española liderada polo Ministerio á que se adheriron varias comunidades como Galicia, que participa dentro da franxa norteña

 

30/11/2022

O representante da Xunta participa neste foro co colectivo Ponte… nas Ondas!, cuxa candidatura para entrar no Rexistro de Boas Prácticas será avaliada mañá, algo ao que só optan catro propostas a nivel internacional e co que Galicia se estrearía n

30/11/2022

Os investigadores localizaron restos de madeira carbonizada que, tendo en conta a súa posición, podería corresponderse coa estrutura orixinal ou con posibles actividades realizadas sobre o anel de pedra

 

28/11/2022



A incoación, que permitirá ao Concello acollerse a axudas para a súa rehabilitación, abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral e os espazos anexos

22/11/2022

Esta nova achega permitirá actuar na cuberta, fachadas e soportais, mellorar a zona das visitas culturais e a accesibilidade na Horta das Olivas e investigar a canalización histórica do santuario

20/11/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, participa na visita guiada para explicar o resultado da actuación realizada este outono

 

18/11/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, explica na xornada ‘Un exemplo de educación patrimonial’ que a Consellería de Cultura impulsou nos últimos anos unha ducia de actuacións na igrexa, claustro e zonas de visitas

17/11/2022

Os técnicos presentarán este sábado o resultado dos traballos realizados pola Xunta e a Universidade de Vigo nas xornadas ‘Adro Vello. Pasado, presente e futuro’ que se celebrarán na Casa da Cultura Lueiro Rey

03/11/2022

O responsable autonómico de Cultura anunciou que o Goberno galego ten xa listo o proxecto e que iniciará o proceso de licitación nas vindeiras semanas

Arquivos
Museos de Galicia
Camiño de Santiago
Bens de interese cultural