As cantigas

I

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verra cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verra cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verra cedo!

Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verra cedo!

 

II

Mandad’ ei comigo
ca ven meu amigo,
e irei, madr’, a Vigo.

Comig’ ei mandado
ca ven meu amado,
e irei, madr’, a Vigo.

Ca ven meu amigo
e ven san’ e vivo,
e irei, madr’, a Vigo.

Ca ven meu amado
e ven viv’ e sano,
e irei, madr’, a Vigo.

Ca ven san’ e vivo
e d’ el rei amigo,
e irei, madr’, a Vigo.

Ca ven viv’ e sano
e d’ el rei privado,
e irei, madr’, a Vigo.

 

III

Mia irmana fremosa, treides comigo
a la igreja de Vigo, u é o mar salido,
e miraremos las ondas.

Mia irmana fremosa, treides de grado
a la igreja de Vigo, u é o mar levado,
e miraremos las ondas.

A la igreja de Vigo, u é o mar salido,
e verra i, mia madre, o meu amigo,
e miraremos las ondas.

A la igreja de Vigo, u é o mar levado,
e verra i, mia madre, o meu amado,
e miraremos las ondas.

IV

Ai Deus, se sab’ ora meu amigo
com’ eu señeira estou en Vigo?
E vou namorada.

Ai Deus, se sab’ ora meu amado
com’ eu en Vigo señeira maño?
E vou namorada.

Com’ eu señeira estou en Vigo,
e nullas gardas non ei comigo.
E vou namorada.

Com’ eu señeira en Vigo maño,
e nullas gardas migo non trago.
E vou namorada.

E nullas gardas non ei comigo,
ergas meus ollos que choran migo.
E vou namorada.

E nullas gardas migo non trago,
ergas meus ollos que choran ambos.
E vou namorada.

V

Quantas sabedes amar amigo,
treides comig’ a lo mar de Vigo,
e bañar nos emos nas ondas.

Quantas sabedes amar amado,
treides vos mig’ a lo mar levado,
e bañar nos emos nas ondas.

Treides comig’ a lo mar de Vigo,
e veeremolo meu amigo,
e bañar nos emos nas ondas.

Treides migo a lo mar levado,
e veeremolo meu amado,
e bañar nos emos nas ondas.

VI

Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido;
amor ei.

En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado;
amor ei.

Bailava corpo velido
que nunca ouver’ amigo;
amor ei.

Bailava corpo delgado
que nunca ouver’ amado;
amor ei.

Que nunca ouver’ amigo,
ergas no sagrad’ en Vigo;
amor ei.

Que nunca ouver’ amado,
ergas en Vigo no sagrado;
amor ei.

VII

Ai ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.

Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.