O Observatorio pon á disposición da cidadanía e da comunidade académica dous canais complementarios para enviar información, propostas e documentación de interese.
BLOQUE CIDADÁ
Un breve cuestionario sobre o patrimonio cultural de Galicia, que inclúe un espazo final destinado a consultas, comentarios, propostas de mellora relacionadas co patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.
BLOQUE PROFESIONAL
Inspirado no cuestionario Heritage & Social Innovation (HESIOD), está dirixido a organizacións, institucións e proxectos que desexen compartir información sobre iniciativas, experiencias e boas prácticas relacionadas coa innovación social no ámbito do patrimonio.