Percorrer o tempo: Lúa Ribeira

Os creyentes

Vídeo HD. 6 min.

Os creyentes xorde da iniciativa de facer o Camiño de Santiago con persoas que experimentaron unha pena de prisión. A intención é a de reflexionar sobre a moral colectiva que se establece mediante o sistema xudicial -lóxica do castigo- e a súa herdanza no dogma de fe, a relación entre ambas e a súa influencia nos sentimentos de culpa, castigo e arrepentimento.

O percorrido establécese como un encontro onde o camiño é o escenario que enmarca a teatralidade coa que Stoyan A. e Valentin F. se relacionan representando dous arquetipos.

 

Lua Ribeira Cendán (As Pontes de García Rodríguez, 1986)

É unha fotógrafa representada por Magnum Photos con residencia en Reino Unido. O seu traballo caracterízase polo seu enfoque colaborativo e un proceso de inmersión con respecto aos suxeitos fotografados.

Graduouse en deseño gráfico en Bau Escola de Disseny (Barcelona) e posteriormente en Fotografía Documental pola Universidade do Sur de Gales, en Newport (UK). Colaborou como conferenciante e impartindo obradoiros en múltiples universidades, como London College of Communication, University of the West of England ou IED Madrid.

O seu traballo foi exposto internacionalmente e resultou galardoado con Firecracker Grant for Women in Photography 2016, Bartur Photobook Award Finalist 2016 e Magnum Graduate Photographers Award 2017, así como nominado para o Paul Huff Foam 2018 e Prix Pictet 019.

A súa serie Noises publicouse en forma de libro por Fishbar, London 2017 e aparece en “Firecrackers Female Photographer Now” Thames and Hudson Ltd 2017, e Raw View Magazine, “Women looking at Women”2016, comisariada pola fotógrafa Susan Meiselas. A súa primeira exposición individual foi producida por GRAIN, Photography Hub and Network for the West Midlands.