Taxas do Rexistro da Propiedade Intelectual

Acceso á Oficina VirtualConstitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual da C. A. de Galicia, ben pola tramitación das correspondentes solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación, ou ben polas solicitudes de publicidade rexistral.

Os distintos conceptos por taxas son os que se reflicten na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da C. A. de Galicia (DOG núm. 240 do 11 de decembro de 2003). As contías vixentes para o ano 2017 son as que se indican a continuación: 

Tramitación de solicitude de inscrición, anotación ou cancelación:

  • Con carácter xeral:
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos recaen na mesma persoa: 10,78 €.
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos non recaen na mesma persoa: 26,93 €.
  • Casos específicos: obras audiovisuais, programas de ordenador, bases de datos, páxinas web e obras multimedia:
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos recaen na mesma persoa: 17,23€.
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos non recaen na mesma persoa: 32,32 €.
  • Por colección de obras (musicais, plásticas etc.):
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos recaen na mesma persoa:  10,78 € + 1,08 € por cada unha das obras que se conteñen dentro da solicitude.
    • Cando a autoría e a titularidade de dereitos non recaen na mesma persoa: 26,93 € + 1,08 € por cada unha das obras que se conteñen dentro da solicitude.
  • Por obras colectivas: 75,40 €

Transmisións:

  • Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión de dereitos xa inscritos (segundas e sucesivas inscricións): 43,09 €.
  • Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión mortis causa: 32,32 €.

Publicidade rexistral:

  • Expedición de certificado: 10,78  €.
  • Expedición de nota simple: 4,41 €.
  • Expedición de copias certificadas de documentos en soporte papel (ata 10 páxinas): 10,78 €.
  • A partir das seguintes páxinas (por cada páxina): 0,10 €.
  • Expedición de copia certificada en soporte distinto ao papel: 7,54 €.

Traslado de expediente:

  • Traslado de expediente: 32,32 €.

Nos modelos de taxas deben constar estes catro códigos:

  • da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (07);
  • da oficina onde se vaia presentar a solicitude (ver cadro);
  • do Servizo do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual (08);
  • e o correspondente ao tipo de solicitude que se vaia solicitar: de inscrición, anotación ou cancelación (30.33.01), de publicidade rexistral (30.33.02), de transmisión de dereitos (30.33.03) ou de traslado de expediente (30.33.04).

Relación de códigos bancarios:

  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: 07
  • Delegación da Coruña: 10
  • Delegación de Santiago de Compostela: 13
  • Delegación de Ferrol: 11
  • Delegación de Lugo: 20
  • Delegación de Ourense: 30
  • Delegación de Pontevedra: 40
  • Delegación de Vigo: 41
  • Servizo do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual de Galicia: 08
  • Tramitación de solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación: 30.33.01
  • Publicidade rexistral: 30.33.02
  • Transmisión de dereitos: 30.33.03
  • Traslado de expediente: 30.33.04