Audiovisual

O sector audiovisual é un dos ámbitos estratéxicos no desenvolvemento cultural de Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo encargado da planificación e xestión das liñas de fomento do tecido empresarial audiovisual, do desenvolvemento do talento técnico e creativo, da innovación e da súa promoción exterior.

Para a proxección internacional do audiovisual galego a Consellería de Cultura e Turismo conta, ademais, cunha liña de internacionalización en colaboración co Igape, como fórmula de crecemento empresarial, xunto coa innovación e a mellora competitiva.

Despendente de Agadic, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dedícase á recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como á programación de actividades que favorezan un maior coñecemento das artes da imaxe.

Novas relacionadas

27/09/2023

Os principais axentes acreditados na mostra donostiarra están convidados a esta celebración do audiovisual galego, que conta con O corno e O soño da Sultana en competición oficial e con Matria e Sica en dúas das seccións paralelas

26/09/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participou na presentación do certame que se celebra en Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro

22/09/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais asistiu esta tarde á sesión inaugural desta cita, que abre o seu programa coa conmemoración do 40º aniversario da película ‘Videodrome’, de David Cronenberg

20/09/2023

A Xunta reforzará a promoción do noso audiovisual no certame donostiarra, onde a fita de Jaione Camborda e a película de animación O soño da Sultana exhibiranse en Sección Oficial, mentres que Matria farao en Perlak e Sica en Made in Spain

18/09/2023

O conselleiro asiste á filmación na antiga Fábrica de Armas coruñesa de varias das escenas desta coprodución galego portuguesa para Prime Video

11/09/2023

A cinemateca da Xunta de Galicia arranca mañá as proxeccións de setembro coa versión restaurada do clásico de Scorsese ‘Toro Salvaje’

06/09/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación do encontro, que neste 2023 inclúe catro fitas galegas na sección oficial e outras 12 no apartado destinado aos nosos cineastas emerxentes

04/09/2023

‘Mudar a pel’ é o título deste proxecto que combina investigación académica, imaxe, palabra e son para representar aspectos que afectan como sociedade hoxe en día, como o cambio climático, as migracións, a saúde mental ou os coidados

18/08/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publica a proposta de resolución das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais, as de maior dotación convocadas en 2023 para o sector en Galicia

09/08/2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, que poden solicitarse desde mañá e ata o vindeiro 11 de setembro

30/07/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publica a resolución da convocatoria destas axudas cunha selección de propostas de cineastas como Ángeles Huerta, Noemí Chantada, Berio Molina, Álvaro Liste, Marta Eiriz ou Xacio Baño

21/07/2023

  • A liña de subvencións oriéntase á impulsar os traballos de preprodución de filmes e series para cinema e televisión cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

18/07/2023

Son galardoados polos seus traballos a EEI do Milladoiro, en Ames, o CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera de Ponteareas e o CEIP Padre Feijoo de Allariz

14/07/2023

Pon en valor o gran momento que vive esta industria na comunidade e garante o respaldo do Goberno galego a través de iniciativas como a Galicia Film Commission para contribuír á súa promoción internacional

13/07/2023

O secretario xeral de Política Lingüística e o director de Industrias Culturais participan na presentación de ‘Redecinema’ que encherá de lecer familiar este verán

03/07/2023

Román Rodríguez convida a sumarse “á celebración colectiva da cultura galega” e desfrutar dunha oferta “descentralizada que mobilizará 4M€”

30/06/2023

Contará con espazos para vivir experiencias inmersivas, salas de realidade virtual e aumentada, videomapping e laboratorios para a experimentación e a formación

27/06/2023

Detalla as actuacións do seu departamento para os vindeiros meses co Plan Xeración Cultura como fío condutor para acompañar o gran momento do sector con 34M€

22/06/2023

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste no Teatro Colón da Coruña á ‘première’ deste novo título da produtora galega no marco do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual do Goberno autonómico

14/06/2023

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a delegada territorial Martina Aneiros asisten á estrea no Teatro Jofre xunto a gran parte do seu elenco, conformado por Javier Cámara, Mónica López, Evaristo Calvo, Melania Cruz ou Carlos Blanco

07/06/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participan na apertura desta cita da ruta impulsada pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia

07/06/2023

A Xunta agarda que preto de 70.000 persoas participen nas actividades de Verán no Gaiás que arrinca o 24 de xuño co concerto de Fillas de Cassandra polo Día da Música

05/06/2023

A cinemateca da Xunta abrirá este xoves coa fita Evangelio mayor a mostra máis completa da produción fílmica do artista multidisciplinar español

04/06/2023

Poderán participar na convocatoria de residencias na Cidade da Cultura propostas vinculadas ás artes visuais, escénicas, musicais e ao deseño

01/06/2023

O director de Industrias Culturais participa no encontro dos responsables do proxecto ‘European Writers Club’ cos creadores galegos convidados a varias das actividades que se están a celebrar no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

20/05/2023

O conselleiro de Cultura visita a cita do Porriño que celebra hoxe a súa última xornada despois de medio centenar de estreas e actuacións musicais

18/05/2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asisten á súa preestrea en Carballo na véspera da súa entrada no circuíto comercial

06/05/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Feciga, Manuel Precedo, asinan un convenio anual por importe de 30.000 euros

05/05/2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na presentación da secuela de Cuñados, coa que Portocabo agarda repetir o éxito de público da que foi a súa primeira película cinematográfica

04/05/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares

03/05/2023

Publícase a adxudicación desta liña de subvencións a entidades locais, dotada con 250.000 euros para programar espectáculos profesionais galegos de artes escénicas e musicais entre o 15 de xuño e o 31 de agosto

03/05/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación desta nova nova edición do evento do Porriño, que se celebra do 16 ao 20 de maio con 25 estreas entre a súa programación audiovisual e 25 actuacións musicais

27/04/2023

Luis Tosar, Álex García e Elena Anaya protagonizan o debut do galego Juan Galiñanes na dirección de longas, que contou cunha subvencións de 250.000€

27/04/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades resolve esta liña de subvencións inserida no Plan Xeración Cultura e dotada con 225.000 euros

26/04/2023

O DOG publica hoxe as bases destas subvencións, que se distribuirán entre 17 proxectos: oito curtametraxes, seis guións e tres longas de dirección novel

20/04/2023

A Xunta subvencionou a produción desta longametraxe, protagonizada por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza e rodada en numerosas localizacións galegas

18/04/2023

As subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais distribúen 380.000€ entre 13 produtoras para os traballos previos cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

13/04/2023

A Filmoteca de Galicia acolle este sábado unha das xornadas promocionais e formativas desta iniciativa para impulsar a circulación dos catálogos autonómicos de curtas, da que tamén forman parte Asturias, Cantabria, Navarra e País Vasco

31/03/2023

A nova carteleira da Sala José Sellier da Coruña inclúe os dous primeiros filmes desta retrospectiva, ao tempo que avanza na dedicada á cineasta xaponesa Kinuyo Tanaka e remata as da húngara Márta Mészáros e o iraniano Abbas Kiarostami

29/03/2023

Ambos certames veñen contando co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da convocatoria de subvencións para mostras do sector, que este ano ten cunha dotación de 225.000 euros

24/03/2023

Ábrese o prazo para a solicitude desta liña de apoio, a de maior contía das oito destinadas ao sector a través do programa anual de axudas e do Hub Audiovisual, cun orzamento conxunto de preto de 7,4 M€

15/03/2023

Felicita os recoñecidos no día grande da cultura galega e destaca os grandes éxitos que están a colleitar os autores en diferentes disciplinas no panorama nacional e internacional

12/03/2023

Os filmes ‘Sica’ e ‘Matria’ competirán na sección oficial a concurso; ‘Honeymoon’ e ‘Amigos hasta la muerte’ terán a súa estrea no apartado Málaga Premiere, e ‘Ulises’ preséntase na selección de curtas de ficción

10/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e o presidente da Academia Galega do Audiovisual asina o convenio polo que o Goberno galego achega 60.000 euros para a organización desta 21ª edición dos galardóns e da súa gala

27/02/2023

O responsable autonómico de Cultura destaca que este filme apoiado pola Xunta con 260.000€ é un exemplo da capacidade empresarial e talento do audiovisual galego

20/02/2023

Esta noite terá lugar o acto especial ‘Cebrating Galician Berlinale’, ao que está prevista a asistencia de distribuidoras, axentes de venda e prensa especializada

15/02/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades asistiu esta tarde en Santiago á presentación da nova entrega da serie, producida por Ficción para Prime Video e rodada en Galicia con subvención do Hub Audiovisual da Xunta

06/02/2023

Rodadas en Galicia e en galego, as óperas primas de Álvaro Gago e Carla Subirana, ‘Matria’ e ‘Sica’, competirán nas seccións Panorama e Generation 14Plus do Festival

‘Samsara’, de Lois Patiño, foi seleccionada no apartado Encounters

31/01/2023

O director suízo estará este venres na sede da cinemateca da Xunta con ‘Disturbios’, mellor dirección na sección Encounters da pasada Berlinale, mentres que o realizador catalán regresa á Coruña para a proxección o día 14 de ‘Pacifiction’, un dos

30/01/2023

O catálogo ‘Shorts from Galicia 2023’ reúne os novos traballos dos cineastas Ángel Santos, Xacio Baño, Anita Pico, Alberto Díaz, David Fidalgo e Anxos Fazáns, ademais dos avances das próximas curtas de Carla Andrade, Rosa Taboada e Martín Romero

19/01/2023

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais presenta as claves deste proxecto europeo e as posibilidades de expansión que lles brindará aos creadores de contidos audiovisuais nas sesións abertas a celebrar en Ourense na primavera

18/01/2023

O circuíto é desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto a 40 entidades locais

12/01/2023

Esta semana publícanse as tres primeiras convocatorias do ano para o sector, que se dirixen especificamente ás fases de exhibición, difusión e promoción e ás que seguirán nos vindeiros meses as destinadas a produción, preprodución e talento

09/01/2023

O responsable autonómico de Cultura móstrase convencido de que o 2023 volverá ser un “bo ano para o audiovisual galego” con proxectos que contribúen ao éxito do sector e a afianzar o bo posicionamento de Galicia no eido audiovisual

30/11/2022

A cinemateca da Xunta traballa nunha recompilación de telefilmes, intervencións da actriz na televisión francesa, noticias sobre ela e vídeos de producións escénicas, que comezará a exhibirse coa proxección do espectáculo Macbeth o vindeiro día 22

24/11/2022

Poténciase a vertente de negocio cultural cun primeiro día de actividade reservado ao intercambio entre os axentes do sector a través de xuntanzas personalizadas, ‘networking’ e presentacións

20/11/2022

O DOG publica as bases desta nova quenda de axudas, dotada con 661.000€ para continuar ampliando a oferta e o tecido culturais en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 hab/km2

19/11/2022

A Consellería de Cultura achega case 35.000 euros a unha vintena de produtoras para a promoción dos seus traballos en mostras e encontros profesionais como a Berlinale, o Bafici de Bos Aires, o festival de Nova York ou o Mipcom de Cannes

17/11/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu os produtores executivos Mamen Quintas e Julio Casal para coñecer máis detalles desta comedia negra que levará por título Tratamos demasiado bien a las mujeres

13/11/2022

Os proxectos desenvolveranse en salas cinematográficas da Coruña, A Estrada, Caldas de Reis, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte, Narón, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago, Vilagarcía, Vigo e Viveiro, que suman 86 pantallas e preto de 16.500 buta

03/11/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á ‘première’ desta longametraxe da produtora galega Bambú, xunto a Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends, que se estrea mañá en salas de toda España

02/11/2022

A retrospectiva dedicada á actriz coruñesa iniciarase o 22 de novembro e incluirá cinco títulos como primeira parte dun ciclo que continuará en decembro