Percorrer o tempo: Iván Nespereira

Caliza

Vídeo HD. 6 min.

Caliza indaga na pegada da pedra como materia ao redor do Camiño de Santiago que conduce os peregrinos ata Santiago de Compostela. É unha película documental con elementos de peza científica que indaga no feito que se apunta no libro V capítulo VI do Códice Calixtino, no que se relata que os peregrinos que acudían a Compostela recollían unha pedra calcaria nas montañas de Triacastela e levábana ata o final do Camiño en Santiago para obter cal que se destinaba á construción da catedral de Santiago.

 

Iván Nespereira (Ourense, 1878)

Traballa como fotógrafo e realizador freelance en Santiago de Compostela.

Inviste tempo en desenvolver proxectos documentais a longo prazo, que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que utiliza.

En 2017 edita Nueva Galicia, que recibe o Premio PHotoESPAÑA 2018 ao mellor libro do ano na categoría autoeditado. A súa obra foi proxectada en festivais de cine como Curtocircuíto, OUFF, Bogoshorts ou Play Doc, e exposta en Archivo Municipal de Lisboa, Athens Photo Festival, Fiebre Photobook, Dispara e Fotomuseo Cuatro Caminos.

Colaborou con cineastas como Pela del Álamo (longametraxe N-VI) e Vicente Vázquez|Usue Arrieta (Canedo, ANAZAOP).