Este espazo reúne a produción técnica do Observatorio e unha selección curada de materiais externos sobre innovación no patrimonio cultural. O obxectivo é facilitar evidencias, métodos e ferramentas a profesionais, Administracións e comunidade investigadora, cun enfoque práctico e verificable.
|
Informe básico que serviu de folla de ruta para a creación e o desenvolvemento do Observatorio: Deseño e posta en marcha do Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural (Luís Valle, 2024).
|
Se dispós de materiais, proxectos ou datos de interese, podes remitilos a través dos formularios dispoñibles no Espazo cidadá e profesional. O equipo avaliará a idoneidade das achegas e, se fose necesario, porase en contacto para solicitar información adicional.