Premios da Cultura Galega 2019

  • Premios Cultura Galega 2019
    Premios Cultura Galega 2019

A Consellería de Cultura e Turismo convocou mediante a orde do 17 de xuño de 2019 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190627/AnuncioG0535-190619-0...) os Premios da Cultura Galega 2019 (https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/086966/xunta-convoca-premios-cultura-galega-2019) con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.

  • Premio Cultura Galega de Letras: Xesús Alonso Montero
  • Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Soledad Penalta
  • Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Monicreques de Kukas
  • Premio Cultura Galega de Música: Amancio Prada
  • Premio Cultura Galega de Audiovisual: Serie de Tv ‘O Sabor das Margaridas’
  • Premio Cultura Galega de Lingua: Pilar Ponte
  • Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: A restauración do Pórtico da Gloria
  • Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Programa ‘Galego en Londres’

O xurado estivo formado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo; a académica numeraria e tesoureira da Real Academia Galega, María Pilar Jiménez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana Martelo; a xefa do servizo técnico-xurídico da Subdirección Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Patricia Fernández López; a produtora audiovisual, Mamen Quintas; o exdirector do CGAI-Filmoteca de Galicia, Guillermo Escrigas; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Juan Saco; e o presidente da Fundación RAC, Carlos Rosón. Actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión Económica e Recursos Humanos da Consellería de Cultura e Turismo, Cristina Fabeiro.

O acto de entrega dos premios tivo lugar nun acto levado a cabo o 14 de xaneiro de 2020 no Teatro Afundación de Vigo.

A artista baionesa Lula Goce elaborou para a escenografía dos Premios da Cultura Galega 2019 un mural de gran formato titulado ‘Xa che Vigo’, que reflicte espazos emblemáticos da cidade de Vigo e homenaxea á Movida viguesa e ao movemento ‘Atlántica’. A obra, que ten unhas medidas de 7,5 m x 2,5 m., e que serviu de galardón para os premiados, que recibiron un orixinal a escala do mesmo, quedará instalado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.