Música

Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é o fortalecemento dunha oferta cultural galega no conxunto do territorio, nun sentido amplo e plural, capaz de chegar a novos públicos e aberta ao diálogo con outras realidades culturais.

No ámbito das industrias culturais, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é o organismo da  Consellería de Cultura e Turismo  encargado do impulso e consolidación do tecido empresarial cultural galego, para lle outorgar estabilidade ao sector, optimizar a xestión empresarial nos procesos de produción e distribución, dinamizar o mercado interior e promover a proxección exterior da cultura galega. Agadic conta con dous centros de produción públicos: o Centro Dramático Galego, no ámbito teatral, e o Centro Coreográfico Galego, para a danza. Conta tamén cun grupo de música tradicional. No ámbito audiovisual, depende desta axencia o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Na programación da consellería, a promoción da actividade escénica e musical ten no seu espazo central o apoio á innovación e á creatividade actual, cunha especial atención a favorecer pontes estables cos centros de formación dos futuros profesionais das artes escénicas e musicais, así como canles permanentes de cooperación con outras administracións e entidades que permitan novas vías de desenvolvemento da nosa cultura.

Novas relacionadas

15/03/2023

Felicita os recoñecidos no día grande da cultura galega e destaca os grandes éxitos que están a colleitar os autores en diferentes disciplinas no panorama nacional e internacional

14/03/2023

O conselleiro de Cultura participa na inauguración da mostra que conmemora as cinco décadas de traxectoria da mítica agrupación folk da man de Afundación

08/03/2023

O Goberno galego destina 240.000 euros a esta iniciativa, que arranca cunha primeira fase de aceleración dedicada á consultaría e mentorización para continuar coa promoción dos traballos resultantes e a participación en mercados profesionais

06/03/2023

Os galardóns abren do 13 de marzo ao 3 de abril a inscrición de proxectos candidatos como paso iniciar o proceso que culminará na gala de entrega do 7 de xuño

 

09/02/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inviste preto de 115.000 euros para asumir o 100% dos custos da produción e da contratación dos 63 grupos que actúan ata finais de setembro neste circuíto autonómico

07/02/2023

O secretario xeral de Política lingüística participa na presentación da programación que a Asociación de Medios en Gaiego organiza cada 7 de febreiro

25/01/2023

Cóntase cun investimento conxunto de máis de 80.000 euros para o desenvolvemento desta carteleira coa participación de 17 formacións profesionais de teatro, danza, novo circo e maxia

 

16/01/2023

A Xunta e as entidades locais asociadas cofinancian este circuíto co obxectivo de garantir unha vía estable para a exhibición dos espectáculos galegos e de contribuír a unha oferta cultural diversa e descentralizada

12/01/2023

‘Galicia Nai’, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, é o décimo sétimo traballo da intérprete de Porto e está composto por 12 poemas de autores e autoras da terra

22/12/2022

Salienta o programa con Fulbright como ”un dos máis recoñecidos e celebrados de todo o planeta”, no que participaron figuras relevantes da nosa cultura

05/12/2022

O Goberno galego vén de rematar a actuación na igrexa, claustro e áreas de visita pública deste Ben de Interese Cultural cun investimento de 500.000€

 

29/11/2022

Destina un orzamento de 240.000 euros á posta en marcha deste programa cunha primeira fase de consultaría encamiñada ao lanzamento de produtos musicais e unha segunda para a súa promoción e difusión

24/11/2022

Poténciase a vertente de negocio cultural cun primeiro día de actividade reservado ao intercambio entre os axentes do sector a través de xuntanzas personalizadas, ‘networking’ e presentacións

20/11/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades subliña a aportación das bandas musicais á cultura galega “cunha gran conexión co noso territorio e a nosa forma de ser”

20/11/2022

O DOG publica as bases desta nova quenda de axudas, dotada con 661.000€ para continuar ampliando a oferta e o tecido culturais en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 hab/km2