Nova: A Xunta apoia unha nova edición do festival The Wild con música e ocio nos montes de San Miguel de Oia

22/06/2023

A Xunta apoia unha nova edición do festival The Wild con música e ocio nos montes de San Miguel de Oia

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou o programa cultural que se celebrará entre o 23 eo 25 de xuño no parque forestal vigués

Vigo, 23 de xuño de 2023 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves unha nova edición do festival The Wild Race que se celebrará entre o 23 e o 25 de xuño no parque forestal de San Miguel de Oia. O evento contará este ano coa novidade dunha carreira canina e repetirá a súa oferta musical e de ocio cun cartel que ten previsto atraer a preto dun milleiro de persoas.

The Wild conta con todos os ingredientes para que a Xunta participe no evento e ofreza todo o seu apoio, porque a cultura é un ben que temos que mimar e nesa tarefa sempre nos ides a atopar”, apuntou a representante autonómica. Ortiz estivo acompañada na rolda de prensa celebrada no edificio administrativo polos representantes da organización, Juan Pablo Pérez e Juan de Castro.

A delegada destacou que a Xunta de Galicia apoia un ano máis The Wild Fest e nesta ocasión o patrocinio vai dirixido ao concurso de bandas Salvaxesons, que durante os últimos meses celebrou cinco concertos-batalla de grupos locais emerxentes. A final do concurso terá lugar o venres 23 dentro da programación do festival e o gañador será o teloneiro do cartel musical.

A programación dos concertos levará ata San Miguel de Oia a Ángtel Stanich, SÉS, Biznaga, Zeltia Irevire, Carla Lourdes, Abrigo, The Mob Swing, Blue Merrow e The Mirror, ademais de sesións DJ. O apartado de The Wild Cinema haberá veladas cinematográficas en comunidade e ao aire libre, mentres que a gran novidade desta quinta edición será a Wild Dog Race, unha carreira que une natureza, cans e deporte. Tamén están previstas as iniciativas Orientaventura, Zona Infantil, Artesanía e Zona Gastro.

 

Comparte