Programación de actividades

Un vermú por Vindel

Nesta iniciativa, as librarías son o punto de encontro entre libreiros, escritores ou expertos en literatura e público en xeral, nos que debater sobre o Pergamiño Vindel arredor dun vermú. 

As citas serán en distintas librarías de Vigo e Bueu, os sábados do 18 de novembro ata ao 9 de decembro de 2017, ás 12 horas. 

Máis información na axenda

 

Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax

O grupo Pres de Cambrai propón unha viaxe a través da música do medievo cunha serie de charlas-concerto que inclúen réplicas de instrumentos da época. 

Os sábados de novembro de 2017 no Museo do Mar de Galicia, en Vigo; na illa de San Simón, en Redondela; na Casa da Navegación de Baiona e na sala de exposicións do Auditorio de Cangas.

O obradoiro é gratuíto, previa inscrición. 

Máis información aquí

 

As cociñas do Pergamiño Vindel

Unha proposta gastronómica para se achegar ás cantigas de amigo de Martín Códax e á cociña do seu tempo. Neste concurso de tapas, no que participan diferentes establecementos hostaleiros da ría de Vigo, todos os petiscos teñen que estar elaborados con ingredientes propios das cociñas galegas no medievo.

Do 1 ao 10 de decembro de 2017 en Redondela e en Baiona, e do 2 ao 11 de febreiro de 2018, en Vigo e en Cangas.

Máis información aquí

 

Scriptorium

Cal era o proceso de elaboración dun manuscrito na Idade Media? Resposta a esta pregunta ofrécea o obradoiro didáctico-expresivo Scriptorium, dirixido a alumnado dos centros educativos de Redondela. Ademais de dar a coñecer o laborioso proceso de escritura e iluminación dun pergamiño, o obradoiro acompáñase dunha exposición explicativa.

Todos os martes e venres, desde o 14 de novembro ata o 15 de decembro de 2017, no espazo do Multiúsos de Redondela.

Máis información aquí

 

Certame Vindevídeos

Convocatoria de premios dirixidos ao alumnado e profesorado en Galicia. Cada centro pode participar no concurso cun máximo de tres vídeos, en calquera técnica, cuxa temática estea relacionada coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas.

Hai dúas categorías: unha para vídeos de alumnos e alumnas de educación infantil ou de primaria, e outra para os realizados por estudantes do resto de niveis. En cada categoría concédense dous premios.

O prazo de participación remata o 11 de decembro de 2017.

Máis información na convocatoria

 

Ondas do mar de Vigo

Ciclo de travesías marítimas pola ría de Vigo. As viaxes en barco, cunha duración aproximada de tres horas, teñen como obxectivo achegarlle ao público o valor natural e paisaxístico, así como a historia, dos principais enclaves do espazo costeiro e mariño da ría de Vigo, inspirador das cantigas de Martín Códax.

Nas fin de semana, entre o 28 de outubro e o 19 de novembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas. Saída desde o peirao do Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

As persoas interesadas en participar nas viaxes, que son gratuítas, deben inscribirse chamando ao teléfono 620 864 052.

Máis información na axenda.