A Xunta de Galicia entrega Premios da Cultura Galega 2024 en todas as súas modalidades, uns galardóns que teñen por obxecto recoñecer o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
Gañadores Premios da Cultura Galega 2024 en cada modalidade:
Letras: Manuel Lorenzo
Artes Visuais: Xosé María Pérez Barro
Artes Escénicas: Marta Pazos Antas
Música: Joaquín Martínez Silva
Audiovisual: Ficción Producións
Lingua: Julia Díaz Sixto
Patrimonio Cultural: Xosé Manuel González Reboredo
Proxección Exterior: Real Club Celta de Vigo Oliveira dos cen anos
