Evento: Os nosos: Martín Códax e o seu tempo

Os nosos: Martín Códax e o seu tempo
domingo, 25 febreiro, 2018 - 12:00
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Os nosos: Martín Códax e o seu tempo

Estrea da obra As sete cantigas de Martín Códax

Baixo a dirección de Alberto Abal, o concerto Os nosos: Martín Códax e o seu tempo supón a estrea absoluta da obra As sete cantigas de Martín Códax, de José Barja Iglesias. O músico, profesor, compositor e mestre organista faleceu o ano pasado polo que o espectáculo se converte nunha homenaxe póstuma.

A primeira parte do concerto lembra a obra doutras voces senlleiras da lírica medieval galego-portuguesa, como Mendinho, Johan de Cangas, D. Dinís ou Afonso X. No concerto participan a Coral María Auxiliadora de Vigo, a Coral da UVDC Candeán de Vigo, a Coral O Piñeiral de Chapela, o coro Proxecto vocal de Vigo, con textos de Benito Pérez e Katu Silva como relatora. Interpretarán a música Bea González á arpa, Teresa Gómez á zanfona, Alejo Amoedo ao piano e Chuco Estévez na percusión.

O concerto, que se celebra na sala da lonxa do reloxo, é de balde ata completar un aforo de 250 persoas. 

Máis eventos de tipo Concerto

Cambia o conto
26 de agosto
Praza da Constitución
Consertasso na horta 
27 de agosto
Piscina Municipal
Tributo 70's e 80's
27 de agosto
Praza de Galiza
Lingua Urbana
28 de agosto
Monte Gaiás, s/n