Evento: O Son dos Arreiros: Dani Cornes + Santi Araujo
O Son dos Arreiros: Dani Cornes + Santi Araujo
O ciclo de concertos O SON DOS ARRIEIROS nace como unha aposta polo talento emerxente nun momento especialmente fértil para a escena musical galega.
Nesta ocasión, o cartel reúne a dous artistas destacados da nova escena galega: Dani Cornes, músico e compositor cunha traxectoria marcada pola sensibilidade melódica e a exploración de novas sonoridades, e Santi Araujo, artista que combina folk contemporáneo e canción de autor cun estilo persoal e coidado, convertido nunha das voces máis recoñecibles do panorama actual.
Inspirado no camiño compartido dos arrieiros, o proxecto busca dar continuidade e impulso ao traballo que se desenvolve nas salas de concertos, acompañando aos artistas no seu tránsito cara a escenarios de maior formato. Coidar e manter estes espazos é esencial, xa que neles se cultiva e se garante a supervivencia da música en directo.



