Nova: A Xunta participa na Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música

01/08/2025

A Xunta participa na Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música

A Coruña, 1 de agosto de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro Díaz, participaron, esta mañá, na Xunta de Goberno Extraordinaria do Consorcio para a Promoción da Música.

Belén do Campo destacou que o Consorcio para a Promoción da Música na Coruña consolidouse ao longo dos anos como unha das institucións culturais máis relevantes de Galicia, desempeñando un papel esencial na difusión da música sinfónica, lírica e contemporánea, tanto a nivel local como nacional. A súa traxectoria non só contribúe á excelencia artística, senón que converteu á cidade nun referente musical no noroeste peninsular.

Comparte