Nova: A Xunta apoia unha vintena de festivais, feiras e certames culturais de carácter afeccionado

16/07/2023

A Xunta apoia unha vintena de festivais, feiras e certames culturais de carácter afeccionado

A Consellería de Cultura publica a resolución destas subvencións dirixidas a institucións sen ánimo de lucro, concellos e agrupacións de concellos

Os beneficiarios desta edición son desde festivais de música antiga, tradicional e emerxente, ata encontros de poesía, teatrais ou de música de jazz

 

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2023 A Consellería de Cultura publica resolve a liña de axudas para apoiar a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicas de carácter afeccionado, da que nesta edición se benefician unha vintena de iniciativas de distintos concellos galegos.

A Xunta de Galicia destina un total de 50.000 euros e nela inclúese o financiamento dos gastos derivados da realización dos programas e actividades de promoción e difusión cultural. Valórase que se trate de espectáculos abertos á cidadanía e a cargo de profesionais galegos. En concreto, son 20 iniciativas, das que 13 están promovidas por entidades sen ánimo de lucro e sete por concellos.

Estas axudas forman parte do Plan Xeración Cultura 2023 que conta cun investimento de 34M€ cunha batería de 57 accións, moitas delas novidosas e cinco eixos. Enmárcanse no cuarto, orientado á preservación e protección do legado cultural e aposta pola modernización das infraestruturas culturais con distintas liñas de apoio.

Como se informa no Diario Oficial de Galicia, nesta edición reciben a axuda o 35º Festival de Poesía do Condado, impulsado pola Asociación SCD O Condado de Salvaterra de Miño; a VII Edición Mulleres Creando, de O soño de Lilith, en Vilagarcía de Arousa; o ciclo de música antiga Un Camiño ben temperado, da Orquestra Clásica de Vigo, en distintos concellos do Camiño Portugués; a XXX Mostra de instrumentos, a cargo de Gaiteiros galegos, ou o Festival Agrocuir da Ulloa, do colectivo Agrocuir da Ulloa, en Monterroso.

Tamén son beneficiarios o II encontro de Soundsystem da Terra Brava Tremeterra, impulsado pola Asociación Cultural Sonsistema, no Incio, e o Festival Picnic Sesions, de Liediras Asociación Cultural, en Vigo; o Ameixa Rock 2023, da asociación co mesmo nome e que se celebra en Vilagarcía de Arousa. A eles súmase a XIX edición do Festival Terra Brava, da Asociación Cultural Festival Terra Brava, o XVII Festival Artedicial da Asociación Cultural Ecolóxica-Educativa Arteficial, en Ribadavia, a 6ª edición de Ether Electronic, da asociación cultural Ether, en Viveiro; o XXX Revoltallo Música e Cultura Emerxente, da Asociación Centro Cultural Artístico recreativo Valladares e a proposta Emocións, unha viaxe musical polas letras de Curros Enríquez, da Asociación Amigos da Banda de Música de Celanova.

No caso de iniciativas impulsadas por concellos, beneficiarónse o X Festival Aturuxos na Ría, de Cangas; o Superarte 2023, de Viveiro; a Semana de Teatro da Romaría Viquinga, de Catoira; o XXI Festival Pontelouco, de Castro Caldelas; o XIV Festival de Jazz de Noia, a XXXVII Semana de Teatro Afeccionado de O Valadouro e a 33 Edición Mostra de Teatro Maruxa Villanueva de Chantada.

Comparte