Nova: A Xunta patrocina a actuación de Lucía Pérez nas festas de Quindous, Cervantes, que se celebran este venres

05/08/2026

A Xunta patrocina a actuación de Lucía Pérez nas festas de Quindous, Cervantes, que se celebran este venres

Lugo, 5 de agosto de 2026

A Xunta de Galicia patrocina a actuación da cantante Lucía Pérez que terá lugar este venres, día 7, en Quindous, no marco das festas desta pequena localidade do municipio de Cervantes.

O delegado territorial mantivo un encontro con representantes da organización, felicitounos polo traballo realizado e confirmou o apoio do Goberno galego a “unha proposta que facilita o acceso igualitario á cultura, descentralizando a oferta, e contribúe a dar visibilidade ao territorio”.

A actuación de Lucía Pérez celebrarase a partir das 13:00 horas, no marco da sesión vermú. Tamén haberá animación musical durante toda a xornada e verbena coa orquestra El Combo dominicano e DJ Casanova.

Comparte