Nova: Ana Ortiz asiste á primeira xornada do Galicia Fest, que conta cunha nutrida presenza de artistas locais

26/06/2026

Ana Ortiz asiste á primeira xornada do Galicia Fest, que conta cunha nutrida presenza de artistas locais

Vigo, 26 de xuño de 2026

 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asistiron este venres á primeIra xornada da segunda edición do Galicia Fest, que se celebra hoxe e mañá, 26 e 27 de xuño, no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo co patrocinio do Goberno galego, no marco dos Concertos do Xacobeo, e a Deputación de Pontevedra. O cartel do Galicia Fest reúne artistas de renome cunha traxectoria consolidada en festivais e xiras por todo o país e conta cunha nutrida presenza de grupos e cantantes locais. O venres 26 de xuño actuarán La Reina del Flow, Coti, Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela e José de Rico. O sábado 27 de xuño será a quenda de Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena e Vera Fauna.

Comparte