Nova: O director de Industrias Culturais visita a montaxe do festival Murallón de Son, que se celebra en Silleda co apoio da Xunta

03/10/2025

O director de Industrias Culturais visita a montaxe do festival Murallón de Son, que se celebra en Silleda co apoio da Xunta

Silleda (Pontevedra), 3 de outubro de 2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, visitou esta mañá na carballeira de Silva, en Silleda, a montaxe do escenario e resto de preparativos do Murallón de Son, un dos cinco festivais de música que recibiron axuda este ano por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a contratación de bandas e solistas galegos nos seus carteis.

A nova edición de Murallón de Son celebrarase esta fin de semana no recinto situado na Bandeira: mañá sábado coas actuacións de Biznaga, Bala, Josetxu Poperrak, Amygdala, Faul, Hugo Guezeta, De_mo DJ, Comeback Kris, Cremita, Señora DJ e Sororas,  e o domingo con Arremecághona’s Producións e Brais das Hortas. As outras catro citas que recibiron subvención en 2025 por esta mesma liña de apoio da Xunta foron Ateneo Barroco de Santiago de Compostela, Beatout Fest da Coruña, Encordass Fiddle Fest na illa de San Simón  e The Wild Fest de Vigo.

Comparte