Nova: A Xunta renova o seu apoio ao festival ‘Osa do Mar’ de Burela, que se celebra do 3 ao 6 de setembro
31/07/2026
A Xunta renova o seu apoio ao festival ‘Osa do Mar’ de Burela, que se celebra do 3 ao 6 de setembro
Burela (Lugo), 31 de xullo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Burela na presentación do festival Osa do Mar 2026, que ofrecerá unha vintena de actuacións entre os días 3 e 6 de setembro.
A cita conta co patrocinio da Administración autonómica, no marco dos Concertos do Xacobeo. Villares felicitou á asociación Fanto Fantini por promover unha nova edición deste encontro, que xa conta cunha traxectoria consolidada no calendario musical da comunidade.
Salientou que se trata dun festival próximo ao público e cunha forte presenza de artistas galegos, en liña coa estratexia da Xunta de “descentralizar a cultura e amplificar os espazos de exhibición do talento que hai en Galicia”. Ademais, resaltou o factor de dinamización económica e cultural de Burela con catro días de programación.
O cartel deste ano conta coas artistas e bandas como Fillas de Cassandra, The Rapants, Anxo Ferreira, Depedro, Erik Mackenzie, Grande Osso, Arume, Éxtasis, Kornukopia vs Pandeireteiros do Inferno, Ginebras, West SRK, Xosé Maseda, Juventude, La Milagrosa, Gara Durán, Sobrezero, Rata, Ortiga, Portosanto e Señora DJ.


