Nova: López Campos salienta a “madurez, profesionalización e excelencia” do sector da música en Galicia

04/11/2026

López Campos salienta a “madurez, profesionalización e excelencia” do sector da música en Galicia

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a “madurez, profesionalización e excelencia” experimentado polo sector da música en Galicia e que, segundo apuntou, “ten contribuído ao gran momento que están a vivir, con éxito e recoñecementos do público e da crítica a estes proxectos, e ademais significándose co emprego da nosa lingua”. Así o destacou na visita na Cidade da Cultura á I Feira Palco, organizada pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a Xunta, e en cuxa apertura participaron o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Na súa visita, o representante de Cultura do Goberno galego puxo en valor o desenvolvemento neste encontro de mesas de traballo, reunións profesionais e presentacións de proxectos artísticos nun espazo para “dar visibilidade ao talento, conectar a profesionais e impulsar novas oportunidades para a música feita en Galicia e en galego”.

Comparte