Nova: López Campos recoñece “o alto nivel da nosa música coral” na homenaxe ao compositor Marcial del Adalid

09/09/2026

López Campos recoñece “o alto nivel da nosa música coral” na homenaxe ao compositor Marcial del Adalid

A Coruña, 9 de setembro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recoñeceu hoxe “o alto nivel do que gozamos en Galicia na música coral, con agrupacións que son grandes transmisoras da memoria”, un feito que quedou demostrado, resaltou, no concerto co que hoxe se homenaxeou no Teatro Colón da Coruña ao compositor Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento.

Así, o representante do Goberno autonómico destacou un programa, organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes coa colaboración da Xunta de Galicia, no que nesta xornada participaron a Coral Polifónica de Bergantiños, de Carballo; a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago; a Coral Polifónica El Eco, da Coruña, e o Real Coro Toxos e Froles, de Ferrol. Neste senso, apuntou, “non hai mellor forma de celebrar o legado dunha figura clave do Rexurdimento e da identidade musical galega”, convidando á cidadanía a asistir ao segundo concerto, que terá lugar mañá, e no que actuarán a Coral De Ruada, de Ourense; a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; o Coro Galego Cántigas da Terra e a Coral Polifónica Follas Novas, da Coruña.

Comparte