Nova: Quiroga acollerá o 4 de abril o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que conta co apoio da Xunta

31/03/2026

Quiroga acollerá o 4 de abril o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que conta co apoio da Xunta

Lugo, 5 de marzo de 2026

A Xunta de Galicia apoia un ano máis o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que o próximo sábado 4 de abril celebra en Quiroga o ‘Memorial Muiño’, a primeira fase desta décimo sétima edición, na que se renderá tamén homenaxe a Xan de Vilar.

O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, José Luis Rivera Castro; José Luis Foxo, organizador da cita e director da Real Banda de Ourense, e Xoan Carlos López Vázquez, director da Banda de Gaitas de Chantada. Ademais, contou coa actuación de dous gaiteiros da agrupación Toxo Queimado, de Baleira.

O memorial -que coincide cun dos días da Feira do Viño de Quiroga- reunirá a 12 agrupacións, sete da provincia de Ourense e dúas da Coruña, mentres que a provincia de Lugo estará representada pola bandas de Monterroso e Chantada e por Toxo Queimado. Ás 11:30 horas as agrupacións participantes desfilarán desde a Casa da Cultura ata a Praza de España, onde está previsto que se inicie o campionato media hora despois. 

O delegado territorial  destacou o compromiso do Certame Celtibérico co folclore galego, “achegando a nosa música tradicional a un público diverso e poñendo en valor o gran traballo das bandas de gaitas, auténticas escolas que manteñen viva a tradición formando novos talentos”.

Comparte