Nova: Profesionais da escena e da música reúnense co apoio da Xunta para o fomento da contratación dos espectáculos galegos
01/12/2025
Profesionais da escena e da música reúnense co apoio da Xunta para o fomento da contratación dos espectáculos galegos
Ames (A Coruña), 1 de decembro de 2025
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu hoxe á V Xornada de Promoción Escénica e Musical de Galicia, na que participan preto dun centenar de profesionais da programación e a creación cultural co obxectivo de fomentar a contratación de espectáculos galegos. O encontro, que se desenvolve na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames), impulsada pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas-Escena Galega en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais, conta co financiamento da Xunta de Galicia para a súa organización.
Ao logo de todo o día de hoxe, 50 axentes (47 de Galicia e tres de Portugal) responsables de distribuidoras, escenarios ou festivais do sector, así como representantes de 36 produtoras de artes escénicas e de 12 de música, danse cita para presenciar distintos showcases sobre os espectáculos propostos e para formar parte da axenda de xuntanzas de negocios concertadas con antelación.
