Nova: A Delegación Territorial da Xunta acolle o ciclo de Cine Galego dentro dos actos da 46ª Semana de Cine de Lugo

24/09/2024

A Delegación Territorial da Xunta acolle o ciclo de Cine Galego dentro dos actos da 46ª Semana de Cine de Lugo

Lugo, 24 de setembro de 2024

A Delegación Territorial da Xunta acolleu esta tarde as primeiras proxeccións do ciclo de Cine Galego, programado no marco da 46ª Semana de Cine de Lugo que organiza o grupo cinematográfico Fonmiñá co fin de darlle visibilidade ás producións galegas, en confluencia co cine que se fai noutras partes do mundo. O ciclo arrincou coa proxección do documental da Asociación Protectora de Animais do Camiño, ‘Os valores no Camiño’, dirixido por Raquel Freiría, ao que seguiu a longametraxe de ficción ‘As outras vidas de María Santiso’, de Roberto Alvite.

Mañá mércores, no salón de actos do edificio administrativo poderanse ver os filmes ‘Pico Sacro’, ás 18.00  horas, e ‘Claustrofobia’, ás 20.00  horas.  O xoves será a quenda de ‘Florencio, o cego dos Vilares’ e ‘Pretérito imperfecto’, e o ciclo rematará o venres coas proxeccións de ‘Aurora’, ‘Menos a morte’ e ‘O Courel: terra dura, terra brava’.

A carteleira da Semana de Cine de Lugo inclúe un total de 147 películas que, ademais de na Delegación Territorial da Xunta, poden verse noutros catro espazos da cidade: a Biblioteca Provincial, o auditorio Gustavo Freire, o Vello Cárcere e o salón de actos da Deputación.

Comparte