Nova: Román Rodríguez felicita o equipo técnico encargado da rehabilitación da igrexa de Santo Domingo en Ribadavia
28/01/2024
Román Rodríguez felicita o equipo técnico encargado da rehabilitación da igrexa de Santo Domingo en Ribadavia
Ribadavia (Ourense), 28 de xaneiro de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o municipio de Ribadavia, onde tivo a oportunidade de manter un encontro coa veciñanza no marco dunha misa celebrada na igrexa de Santo Domingo, celebrada polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, á que tamén asistiu a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez. O titular do departamento de Cultura da Xunta felicitou ao equipo implicado na súa rehabilitación polo seu labor en prol da conservación e posta en valor do patrimonio de Galicia.