Nova: López Campos aborda co alcalde de Ribadumia as necesidades do concello en materia cultural

20/09/2025

López Campos aborda co alcalde de Ribadumia as necesidades do concello en materia cultural

Ribadumia (Pontevedra), 20 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, realizou unha visita ao concello de Ribadumia, acompañado polo alcalde do municipio pontevedrés, David Castro, onde coñeceu de primeira man distintas cuestións que teñen que ver co seu departamento, nomeadamente co coidado do patrimonio e coa dotación de equipamentos culturais.

Deste xeito, o representante da Xunta achegouse a algúns bens patrimoniais do concello, entre os que se inclúe a igrexa de Santa María de Besomaño ou o xacemento do Monte do Castro. Así mesmo, puido informarse sobre a situación dos centros culturais de cara a elaboración do inventario no que traballa a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no marco do futuro Plan de modernización das infraestruturas.

Comparte