Nova: A Xunta pon en valor a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

29/06/2025

A Xunta pon en valor a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

Lugo, 29 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Patrimonio Cultural, Angel Miramontes, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á  Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, para poñer en valor a súa declaración como Ben de Interese Cultural. Esta cerimonia, que tivo lugar na catedral de Lugo, supuxo a primeira celebración con esta distinción por parte da Xunta polo seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego.

Pola súa banda, o responsable de Patrimonio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou que con esta declaración como Ben de Interese Cultural culmina a tramitación, iniciada polo Goberno galego en 2024, para darlle este recoñecemento a unha tradición que se celebra desde hai máis de tres séculos e que supón “un dos últimos expoñentes deste histórico Reino”.

Comparte