Nova: A Xunta exporá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as pezas escultóricas do Mosteiro de Carboeiro

20/02/2026

A Xunta exporá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as pezas escultóricas do Mosteiro de Carboeiro

López Campos celebra “o regreso a Galicia” destas dúas pezas mediante un préstamo de dez anos, prorrogable por outros tantos

Ambas as dúas permanecerán na colección do museo co fin de manter os mesmos criterios de seguridade, conservación, custodia e exposición que teñen no Museu Frederic Marès

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2027

A Xunta de Galicia exhibirá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as dúas pezas escultóricas pertecentes ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro que se atopaban no Museu Frederic Marès de Barcelona. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Ligua e Xuventude, José López Campos, quen, xunto co concelleiro de Cultura e Industrias Creativas do Ajuntament de Barcelona, Xavier Marcé, celebrou “o regreso a Galicia” destas dúas pezas mediante un préstamo de larga duración.

“Estamos ante un momento histórico no que demostramos que cumprimos coa palabra dada de poñer a disposición de todos os galegos e galegas estas dúas pezas”, salientou o conselleiro durante a presentación dos relevos pétros no Museo das Peregrinacións e de Santiago xunto co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. Ademais, estiveron acompañados polo director do Museu Frederic Marès, Salvador García Arnillas; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director xeral do Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes.

Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, o regreso das figuras é posible grazas ao acordo acadado co Ajuntament de Barcelona, titular do Museu Frederic Marès e propietario destas dúas pezas despois de que en 1980 fosen adquiridas a un coleccionista privado. Así, ao abeiro desta colaboración, ambas as dúas esculturas serán cedidas ao Goberno galego durante un período de dez anos prorrogables por outros tantos. Neste senso agradeceu a colaboración da Administración de Barcelona para “traer á casa dúas pezas imprescindibles do tímpano principal do Mosterio de Carboeiro, unha das xoais do románico galego”.

Así mismo, López Campos precisou que estas dúas figuras serán exhibidas de xeito permanente no Museo das Peregrinacións e de Santiago para dar cumprimento ao comodato asinado co Ajuntament de Barcelona e manter “os mesmos criterios de seguridade, conservación, custodia e exposición que teñen no Museu Frederic Marès”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura e Industrias Creativas do Ajuntament de Barcelona, Xavier Marcé, destacou que o préstamo “responde a un acordó entre dúas administracións públicas baixo o principio de lealdade institucional”. “Desde un primeiro momento tivemos a vontade de facer posible un acordó satisfactorio para ambas as dúas partes”, apuntou antes de sinalar que “o establecemento dun depósito de longa duración permite que as pezas se amosen nun museo de titularidade pública en Galicia, ao alcalnce da ciudadanía, en condicións de conservación e seguridade axeitadas”.

Compromiso co patrimonio galego

O conselleiro López Campos lembrou que o Goberno galego iniciou hai tres anos os traballos e contactos para a recuperación das tallas pertencentes ao tímpano da portada da porta occidental da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro. “Desde aquela non desistimos na posibilidade de que as pezas regresasen a Galicia nin no noso compromiso co patrimonio galego”, apuntou.

Neste punto, o conselleiro de Cultura tivo tamén palabras de agradecemento á “importante contribución” das investigacións do historiador Francisco Prado-Vilar, quen aportou documentación imprescindible “para coñecer a historia destas pezas e conseguir que hoxe estean accesibles para toda a cidadanía nun museo galego”.

Comparte