Nova: López Campos reúnese co director de ICOMOS en España para abordar temas de relevancia para o patrimonio

15/07/2025
López Campos reúnese co director de ICOMOS en España para abordar temas de relevancia para o patrimonio
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co presidente de ICOMOS en España, Juan Carlos Molina, na primeira toma de contacto en persoa do representante do Comité Nacional do Consello Internacional de Monumentos e Sitios co equipo do responsable de Cultura do Goberno galego, á fronte do departamento desde hai un ano.
Así, na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, abordáronse distintos asuntos de relevancia para o patrimonio galego. Neste senso, conversaron sobre as recomendacións do organismo con respecto á protección, conservación e posta en valor destes bens culturais, así como as diferentes liñas de acción para o recoñecemento e a difusión dos monumentos e demais espazos que forman parte da riqueza histórica da Comunidade.