Nova: Belén do Campo supervisa a execución das obras de mellora do retablo da igrexa de San Fins de Sales que contan cun apoio da Xunta de máis de 62.000€ e que estarán rematadas en 4 meses

04/02/2026

Belén do Campo supervisa a execución das obras de mellora do retablo da igrexa de San Fins de Sales que contan cun apoio da Xunta de máis de 62.000€ e que estarán rematadas en 4 meses

A delegada da Xunta coñeceu de primeira man do restaurador as medidas que se están levando a cabo para resolver as distintas patoloxías detectadas na estrutura do retablo

Con esta intervención, desde o Goberno galego continuase a garantir a protección e conservación dos bens patrimoniais da comunidade

Vedra  (A Coruña), 4 de febreiro de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez e polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, e polo párroco José Piso, realizou unha visita a Igrexa de San Fins de Sales para comprobar da mando seu restaurador , Javier García-Lozano, o avance dos traballos de restauración, adxudicadas o 9 de xaneiro, que se están a desenvolver, que terán unha duración de 4 meses e que contan cun orzamento de máis de 62.000 euros.

O retablo maior e as súas imaxes forman parte dun templo catalogado como ben de interese patrimonial, ao estar incluído tanto no catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vedra como no Plan Básico Autonómico, dentro do patrimonio cultural de Galicia.

Belén do Campo destacou que se trata dun retablo de estilo barroco que segundo os estudos previos xa realizados, recollen que arredor do 80 % do conxunto escultórico presenta danos, con patoloxías de envergadura que afectan ao seu estado de conservación. Entre elas destacan a acumulación de sucidade superficial, a presenza de grietas, ataques de térmites, repintes, abrasión e outros procesos de deterioro que fan necesaria unha actuación integral para garantir a súa preservación.

Os traballos iniciáronse coa realización  dos estudos previos exhaustivos, incluíndo a elaboración de mapas de deterioros, esquemas e cartografía detallada dos danos, que permitiron definir con rigor as fases da intervención.

Fases na intervención

Nesta primeira etapa levarase a cabo o desmontaxe da hornacina do ático, do expositor e do fondo da hornacina central, co obxectivo de avaliar o estado de conservación da estrutura do retablo. Realizarase un estudo detallado da súa estabilidade e valorarase o desmontaxe parcial ou total do conxunto retablista, analizando os ancoraxes ao muro e garantindo a seguridade estrutural.

Posteriormente procederase á revisión  e substitución dos ancoraxes, de ser necesario, á retirada de elementos alleos ao retablo, á retirada do cableado eléctrico, á desinsectacion preventiva, á consolidación da madeira debilitada mediante inxección e impregnación e a substitución, cando sexa preciso, de elementos estruturais deteriorados por madeira de castiñeiro.

Nunha fase posterior abordarase a restauración da policromía e dos elementos decorativos, con actuacións como o empapelado  das zonas con risco de desprendemento, limpeza superficial mediante procedementos mecánicos, eliminación das repolicromías, limpeza  físico-química do retablo, reintegración de volumes e a reintegración cromática e protección final cun varniz

Así mesmo, realizarase o apeo das imaxes do retablo á zona de traballo para o seu estudo e intervención. Unha vez finalizada a actuación principal, levaranse a cabo catas para valorar a eliminación de repintes e a restauración das imaxes de San Antonio de Padua, San José, a Inmaculada Concepción e San Fins de Valois, entre outras.

A intervención concluirá coa redacción dunha memoria final que recollerá de maneira detallada todos os traballos realizados e os criterios técnicos empregados.

A delegada da Xunta subliñou que esta actuación “reflicte o compromiso do Goberno galego coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural, garantindo a súa transmisión ás futuras xeracións e reforzando a identidade histórica e cultural dos concellos galegos”.

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Diocese de Santiago, que permite actuar en inmobles eclesiásticos de especial valor patrimonial.

Comparte