Nova: López Campos celebra que a Catedral de Santiago leve o patrimonio senlleiro galego a Dallas en 2027

25/09/2025
López Campos celebra que a Catedral de Santiago leve o patrimonio senlleiro galego a Dallas en 2027
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á presentación do acordo entre o Meadows Museum e a Fundación Catedral de Santiago que permitirá organizar neste centro texano unha gran exposición de tesouros procedentes do museo da Catedral de Santiago.
Tras o remate do acto, o representante de Cultura do Goberno galego celebrou que “colaboracións como esta permitan dar a coñecer a nosa riqueza patrimonial máis alá das nosas fronteiras e establecer lazos con outras culturas”. Tal e como destacou, o acordo entre ambas as dúas entidades posibilitará que se poidan contemplar en Estados Unidos ao redor de 70 pezas, entre restos arqueolóxicos, esculturas, pinturas, manuscritos e obxectos documentais.