Nova: A delegada da Xunta en Ferrol asiste ao acto de denominación do auditorio municipal como Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas

25/09/2026

A delegada da Xunta en Ferrol asiste ao acto de denominación do auditorio municipal como Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas

Ferrol, 25 de setembro de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde ao acto institucional de denominación do auditorio municipal de Ferrol como Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas, en tributo ao célebre músico ferrolán integrante do grupo Los Limones.

O acto, que contou coa participación da familia do homenaxeado e cos representantes do Comité Promotor da homenaxe, estivo amenizado polas actuacións musicais de Marcos Mella, Rafa Pereira, Guille Willy, Carlos e Chechu Mosquera e Pablo Pereira.

Comparte