Nova: A Xunta inviste máis de 15.000 euros na conservación da igrexa de San Xulián de Mugardos
25/05/2026
A Xunta inviste máis de 15.000 euros na conservación da igrexa de San Xulián de Mugardos
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou as obras de mantemento da fachada e da cuberta, que rematarán nos vindeiros días
Mugardos (A Coruña), 25 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá as obras que se están a levar a cabo na igrexa parroquial de San Xulián de Mugardos cun investimento do Goberno galego de máis de 15.000 euros. Fíxoo acompañada do director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, a tenente de alcalde do municipio, Ana Varela Bastida, e o párroco José Carlos Mato.
As actuacións de conservación e mantemento responden a traballos propios para unha edificación de preto de 80 anos, buscando manter o ornato e a funcionalidade do templo. A obras a realizar consisten no lavado e pintado con pintura impermeabilizante da cuberta e das fachadas.
Aneiros destacou a importancia de traballos coma este, “que contribúen a manter o noso patrimonio no mellor estado posible”. As actuacións na igrexa rematarán durante os vindeiros días.


