24 instrumentos tradicionais galegos
Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero preséntannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos. A
Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero preséntannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos. A
Ao latexo das letras é a nova proposta musical do gaiteiro e frautista Oscar Ibáñez, que acompañado pola súa banda Tribo e pola poeta Tamara Andrés, homenaxeará a María Victoria Moreno - escritora protagonista do Día das Letras Galegas - unindo música e palabra tanto en Galicia como en Portugal.
O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural que ten Galiza.
O espectáculo ten unha duración de entre 90 e 120 minutos de duración.
O grupo folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible polo tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras que lle imprime aos directos de Lenda Ártabra un carácter tradicional.
A maior parte dos temas que o grupo interpreta están compostos por eles mesmos tanto de música como de letra. Tamén recollen poemas de autores galegos e lles poñen música.
Despois dun longo silencio trala publicación de Entre dous mares, Rosa retorna con Nada que perder. Nel experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmósfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear
Actuación dentro do ciclo de programación Cultura no Camiño.
Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.
Concerto de música tradicional onde este grupo repasa os éxitos de todos os discos publicados ata agora.
Chega o novo disco do dúo galego.
Neste traballo, que celebra o seu 10 aniversario como dúo, a fusión segue caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodéanse dun grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha singular mestura con músicos de Gales (o violinista Oliver Wilson-Dickson), Rusia (a organista María Moiseeva) e Galicia (o guitarrista Juan Cabe, o batería Miguel Lamas, o contrabaixista Juan Tinaquero, o trompetista Rafael Carracedo e a zanfonista María López).
A idea de mesturar o folklore manchego co bluegrass xenuinamente americano é algo que posiblemente só estaba na cabeza de Los Hermanos Cubero. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionaron con mestría as súas influencias e déronlles forma a través das súas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical.
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro.
A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Diego Guerrero é un cantante, compositor e produtor que se dedica a levar a súa representación do mundo por todo o país. A pesar de que o seu estilo englóbase dentro do flamenco, é capaz de capturar influencias de cada lugar do mundo e representalo nas súas cancións. Por iso, mestura diferentes xéneros dentro do flamenco, como o jazz, a rumba, o pop ou calquera estilo musical que imaxines.