Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Habelas hainas

A asociación cultural Lumieira, en colaboración co Concello de Carballo, organiza un concerto para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller que estará protagonizado por Habelas hainas. O grupo, formado en 2010 por catro mulleres pertencentes ao mundo da música tradicional, engaden á música de raíz un toque reivindicativo e feminista. 

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Galego

Lobos

A fin de xira de Lobos será en Santiago de Compostela: Davide Salgado pechará na Casa das Crechas con este espectáculo. Estará acompañado por Santi Cribeiro (acordeón), Carlos Freire (percusión) e Pablo Dalama (saxo)

Galego

Festival Folk de Guísamo

O Campo da Feira de Guísamo acolle a XIX edición do Festival de Folk de Guísamo.As actividades comezarán pola tarde con diferentes obradoiros e coa presencia da ludoteca itinerante Eira Xandobeleira. A partir das nove da noite arrancarán os concertos. Alén do Mar, Treixadura e Ses serán os artistas participantes.  

O festival conta cunha zona de aparcamento gratuíto.

Galego

Treixadura

 

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Galego

Milladoiro

Despois de 25 discos publicados, ademais de múltiples colaboracións en traballos de outros artistas internacionais, de 8 bandas sonoras para outros tantos filmes e máis de mil concertos ao longo e ancho de todo o mundo, a banda folk ofrece en concerto o seu novo traballo discográfico realizado integramente en estudio que leva por titulo Atlántico.

Galego

Tanxugueiras en concerto

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

Galego

Guadi Galego

Guadi Galego fai balance da xira co seu terceiro traballo en solitario, O mundo está parado, un ano despois da súa saída. Este disco arrasou nas vendas, coa primeira tirada, moi especial, de 1.000 vinilos, esgotada en apenas un mes, e sendo considerado polo crítico Fernando Neira como un dos cinco mellores discos do 2016 en España. Tivo unha xira de máis de 50 concertos, coa que pasou polas catro provincias galegas, Barcelona, Madrid, Portugal e algunha das feiras máis importantes do Estado con proxección europea: a Trovam de Valencia ou o Mercat de Música Viva de Vic. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk