Habelas Hainas
O folk tradicional mesturado con outras formas de expresión artística de Habelas Hainas chega ao bar de Moaña.
Entrada 5 euros. Pode reservarse no 986 31 09 91.

O folk tradicional mesturado con outras formas de expresión artística de Habelas Hainas chega ao bar de Moaña.
Entrada 5 euros. Pode reservarse no 986 31 09 91.
Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das Letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor. O resultado foi o disco “Casares”, que será presentado o vindeiro día 5 de outubro no museo MARCO de Vigo. Coa participación de Gustavo Adolfo Garrido (Fundación Carlos Casares), Isaac Garabatos (Sul Producciones) e concerto de Xardín Desordenado.
Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa. Porque iso é o que son os seus espectáculos: unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía onde o público deixa de ser espectador para se converter en protagonista.
É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto Habelas Hainas.
Guadi Galego é unha vocalista galega que toca a gaita e o piano. Este ano despídese da xira O mundo está parado, onde mostra a súa habilidade co folklore galego e coas raíces da música tradicional de Galicia.
Esta compositora participa ata 2008 no grupo Berrogüetto e tamén co dúo Espido e os Nordestin@s. Ademais de O mundo está parado, conta con outros discos propios dende o ano 2005, entre eles encontramos Espido, Benzón e Lúas de outubro e agosto.
Combarro, en Poio, inclúe na súa Festa do Mar os concertos Festifolk Poio, coas actuacións de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Radio Cos.
Máis información e programa completo no enlace.
Este grupo é un dúo que mestura ritmos do rock co estilo folk e son coñecidos por toda España. A banda fórmana unha parella de galegos que realizan xiras polos establecementos, ademais de actuacións improvisadas pola rúa.
Ao principio nacen como un pequeno grupo local, coñecido polos territorios próximos, pero co tempo amplian a súa música sendo cada ano máis coñecidos e representando as súas cancións por toda Europa.
É un compositor nado en Valladolid que interpreta música tradicional española. Este home comeza a súa carreira musical nos anos 60 nun pequeno grupo de rock. A partir dos anos 70 empézase a interesar por outro estilo musical e comeza os seus estudos en solfexo e harmonía. Cos anos únese a diferentes bandas de música jazz e tradicionais.
A segunda entrega de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre leva por nome Noró (Algunhas músicas do norte) (Febreiro 2018) é unha ollada ás músicas setentrionais. unha declaración de amor ao norte que chéganos despois da exitosa xira do multipremiado “The Tambourine Mano” (2015).
Tanxugeiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza, con sede en Couso ( A Estrada). Formado oficialmente en Xaneiro do 2016, co paso do tempo decidíronse a aumentar o grupo, creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernandez (acordeón), enriquecendo así a súa sonoridade. Úneas simplemente o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas...