Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Caxade + Oquestrada + O Sonoro Maxín

Caxade foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.

Esta actuación musical xunto Orquestrada e O Sonoro Maxín está dentro da programación musical e cultural das Festas de Ourense.

Galego

Budiño festexa os 20 anos de Paralaia

“Paralaia", o primeiro disco de Budiño, cumpre 20 anos. Esta publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk.

Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.

Está acompañado no escenario por seis dos mellores músicos de Galicia na actualidade e unha convidada de luxo: Mercedes Peón, a gran creadora do país, cunha man na terra e outra na modernidade, acompañará a Budiño neste percorrido pola súa carreira.

Galego

Davide Salvado

Davide Salvado ponlle o broche final o VIII Curso de Música Tradicional Galega nesta Granxa escola de Sarria cun conceto con Pedro Pascual e Daniel Pardo. De seguro que neste concerto soarán temas do seu último traballo, Lobos. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Galego

Davide Salvado

Organizado polo Centro de Artesanía e deseño de Lugo, a capela de Santa María de Lugo está a ser escenario dun ciclo de concertos. Tras Rosa Cédrón, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, tócalle a quenda a Davide Salvado. A entrada será por convite chamando ao teléfono 982210066.

Galego

Davide Salvado

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

Galego

Budiño

Organizado polo Centro de Artesanía e deseño de Lugo, a Capela de Santa María de Lugo está a ser escenario dun ciclo de concertos. Tras Rosa Cédrón, tócalle a quenda ao gaiteiro Xosé Manuel Budiño que presenta o seu novo traballo, Paralaia.

 A entrada será por convite chamando ao teléfono 982210066.

Galego

Mercedes Peón

Mercedes Peón é unha das actuacións fortes, xunto Milladoiro, do último día da Festa do Queixo 2017, tras tres días de desgustacións gastronómicas, obradoiros, concursos e moita música.

Entre elas, o Pequefestival con Gramola Gominola e Paco BrincaVai.

Máis información, aquí.

Galego

Milladoiro

Concerto dentro das Festa Intercéltica do Morrazo con temas produto do labor de recuperación e reivindicación da tradición musical galega.

Nas súas actuacións empregan instrumentos como a gaita galega, a gaita irlandesa, a arpa celta, o bodhrán, a pandereita  ou a zanfona, xunto outros máis universais como o clarinete, a frauta traveseira, o violín, o tin whistle ou o bouzouki. 

Galego

IALMA

Ialma é un grupo formado por catro vocalistas mulleres (cantareiras): Verónica Codesal, Natalia Codesal, Magali Menéndez e Marisol Palomo. Catro namoradas de Galicia con quince anos de experiencia nos escenarios. Vivindo en Bruxelas, manteñen un vínculo vital con Galicia, a súa patria e principal fonte de inspiración artística. As voces tradicionais características das cantareiras fusiónanse con sons, melodías e arranxos máis modernos, dando cancións moi frescas e vivas, que son unha combinación intelixente para unha renovada música universal con algunhas conexións célticas.

Galego

Concerto de música xaponesa

O wa-daiko é un tambor xaponés tradicional que mostra os ritmos tradicionais de Xapón, xuntanza forza e paixón. O músico Keita Kanazashi, convidado dende o seus país de orixe, mostrará a súa música a través de cinco tambores diferentes. Na música tradicional xaponesa, a melodía, os instrumentos e as vestimentas son elementos destacados da posta en escena con múltiples variantes. O Centro de Linguas Modernas (CLM), a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social coa colaboración da Fundación Xapón en Madrid organizan este concerto de música xaponesa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk