Encontro de gaiteiros
Encontro vinculado á XXXI Xuntanza Internacional de Gaiteiros. A música da gaita empezará a soar ás 21 horas nunha xornada de homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano da Coruña.
Participan diferentes formacións, entre elas a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
O cartel complétase con outras agrupacións galegas, nacionais e mesmo de Grecia, Holanda, O Xapón e Portugal.

