Xarabal e Lembranzas Galegas entre amigos
Neste festival os organizadores, a Banda de Gaitas Xarabal e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, están enriba do escenario acompañados de moitos amigos e compañeiros Anxo Lorenzo, Cristian Silva, a Banda Valladares, Ernesto Campos, Begoña Riobó e o seu grupo Riobó, Anxo Pintos. Coa recadación pola venda de entradas as bandas organizadoras participarán no desfile de San Patricio de Nova York no mes de marzo.

