Concerto de Batital
Batital é un grupo que nace en 2007 da ilusión de varios afeccionados á música con experiencia en distintas agrupacións. A banda interpreta músicas do mundo, conservando as raíces da música tradicional galega que se fusiona cos máis variados estilos musicais. Varios foron os recoñecementos obtidos por Batital, entre os que destacan o Primeiro Premio no Certame de músicas emerxentes "NOVOSON" de Radio Galega, e o Primeiro Premio no Concurso A Coruña Son 10 organizado polo Concello da Coruña.

