Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto da Deolinda

A Deolinda, un grupo que conta historias de personaxes reais que viven en Lisboa, que namoran fugazmente no metro. Os seus temas falan da vida no barrio, de precariedade da época na que nos toca vivir.

Ana Bacalhau, voz.
Pedro da Silva Martins, guitarra.
Luís José Martins, guitarra.
Zé Pedro Leitão, contrabaixo.

Galego

Concerto de Vai Trío

Vai é un novo grupo formado por Xosé Ramón Vázquez no acordeón, Roberto Santamarina no violín e Giao Rodrigues na guitarra e a mandolina. Os tres foram membros de Fia na Roca, onde se coñeceron e tocaron xuntos nos últimos quince anos. Agora presentan este proxecto, un formato acústico adaptable a todas as situacións, sólido no musical e lixeiro na posta en escena.

Galego

Cuadro de Antonio Muñoz

Antonio Muñoz Fernández, La Unión (Murcia), 1975. Neto do guitarrista Antonio Fernández e fillo da cantaora Encarnación Fernández. Comezou a súa formación como guitarrista con tres anos da man do seu avó. Completou a súa formación con profesores como Manuel Cano, e moi pronto desenvolveu todo un estilo persoal baseado nunha depurada técnica e nunha intensa e inquieta creatividade que lle fixo gañar o "Bordón Mineiro", máximo galardón do Festival internacional Cante das Minas en 1989.

Galego

Concerto de Ana Laíns

Ana Laíns canta por primeira vez en público aos 6 anos, desde cedo a artista nacida en Tomar descobre o seu talento inato para a música e aos 15 anos canta o seu primeiro fado. Tras vencer a gran Noite do Fado de Lisboa en 1999 decide levar en serio a súa carreira musical e preséntase nos Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bélxica e Luxemburgo.

Galego

Concerto de Luar na Lubre

Nace no ano 1986 en A Coruña. Co paso dos anos acabouse convertendo no grupo de referencia da música feita en Galicia. A través do seu traballo, Luar na Lubre quere transmitir que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego.

Galego

Susana Seivane - Cuarteto

O concerto de Susana Seivane consta de temas do seu novo disco "Fiz", xunto con temas habituais do seu repertorio, pezas tradicionais e de autor. Durante o espectáculo a gaiteira vai interaccionando co público e créase unha atmósfera moi cómplice que culmina nun fin de festa inesquecibre.

O tempo estimado de duración será de 90 minutos con bises.

Esta programación pode sufrir modificacións. Consultar horas e datas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se realiza a actuación.

 

Galego

Tiruleque

Nas súas actuacións están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, TIRULEQUE recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk