Concerto de Odaiko
A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s.XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc., están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusivatratada dun xeito vangardista.
Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se mesturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que dá resposta ao noso presente.

