Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Marcin Dylla

O guitarrista clásico Marcin Dylla (Polonia, 1976) ofrecerá un recital a solo no auditorio do Conservatorio Profesional de Santiago (R/ Monte dos Postes S/N). Marcin Dylla está considerado un dos guitarristas máis destacables do panorama internacional pola súa impresionante técnica e a exquisita sensibilidade artística. Ofrecerá obras de Francisco Tárrega, Joaquín Turina, Joaquín Rodrigo ou Manuel María Ponce, entre outros.

Galego

Concerto solidario polo Dano cerebral

Con motivo do 25 aniversario da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela celébrase un concerto solidario no salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago.
O acto estará conducido polo recoñecido periodista Ramón Castro e contará coas actuacións musicais da Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, o Coro Harmonía Stellae e o Grupo Charamuscas de música tradicional.
A doazón por entrada é de 20€.
Fila 0 dispoñible.

Galego

Concerto Concurso Oiches 2025

La Conservera de Viveiro acollerá unha noite única cos tres proxectos musicais emerxentes gañadores do Concurso Oiches 2025.
Con 135 inscricións e miles de votos, os seleccionados son:

• Andrei a Lei (Castellón) – Hip-Hop, Rap
• Distance Sisters (Ourense) – Blues, Rock
• Betania (Valencia) – Metal, Rock

Galego

A Trastenda dos Contos

A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,... Caxoto interpretará un  amplo repertorio musical que vai dende o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida.

Galego

Música no Claustro 2024

Festival de música, patrimonio e creación.

Música no Claustro presenta a súa 18 edición con sete concertos de entrada libre no claustro medieval da Catedral de Tui, ás 21h, con formacións musicais como o Trio da Kali (Mali), o Moser String Quartet (Suiza), a cantora Lula Pena (Portugal), ou as propostas galegas de Faia e de Pedro Lamas, que dialogan con outras comunidades do estado español, como Laura Marchal de Andalucía ou o Tana Santana Quinteto, grupo de jazz que chega ao festival co apoio de AIE e que tende unha ponte entre Galicia e as Illas Canarias.

Galego

Concerto de Man de Santo

Grupo lucense nacido en 2016. Amantes dos ritmos tradicionais xamaicanos como o reggae, o ska ou o rocksteady. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, Laurel Aitken ou The Specials, son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de temas tradicionais adaptados ó estilo xamaicano. Convidados a prestixiosos festivais como o Ska All Night -organizado pola produtora V- Rocket- ou el Bless Festival compartindo escenario co gran Bitty McLean.

Galego

Xoel López

Tras máis de 20 anos de traxectoria musical, Xoel López chega a Santiago de Compostela coa súa xira Oniria Popular 2027.
Un dos referentes máis importantes da escena independente iberoamericana, con traballos que consolidaron a súa carreira como Atlántico, Paramales, Si mi rayo te alcanzara ou Caldo Espírito, Premio MIN ao Mellor Álbum Pop.
Agora presenta Oniria Popular, o seu décimo sétimo álbum de estudo, no que explora a introspección, a identidade e as emocións humanas para dar forma a un pop contemporáneo que dialoga coa tradición e o folclore.
 

Galego

Será por Flores

Uxía celebra catro décadas de carreira cun espectáculo único e intimista, Será por Flores, onde revisita os piares do seu percorrido musical e continúa explorando novas formas con liberdade creativa. Unha viaxe ás súas raíces galegas, as composicións propias e ás músicas que a inspiraron. A súa diversidade reflicte os innumerables camiños que percorreu, sempre en constante evolución e transformación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto