Carmela: Vinde Todas
Carmela é un proxecto musical que basea o seu repertorio na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios. Iniciando o traballo dende informantes e arquivos musicais, o obxectivo do proxecto é trasladar aos palcos a esencia destas melodías acompañadas dunha visión propia e actual. Carmela utiliza a tradición como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto musical actual a través de sons que viaxan dende as percusións ata referencias electrónicas.

