Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O mellor e o peor dos 80 e 90 

Baixo o lema 'O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto' Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nun paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Terra Nosa

Falar da terra  é falar dos costumes, da lingua, das raíces... e de cancións, das nosas cancións.

Neste espectáculo recopilamos algunhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.

Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega. 

Galego

Odaiko Familiar

​Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xog​ar co efecto sorpresa son a​s claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico ​e familiar ​que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que ​a senda ​da creación continúe ​a medrar.

Galego

Levaino!

LEVAINO! exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentado os vínculos que unen ambas tradicións orais.
Xurxo Fernandes, investigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental.

Galego

Quiquiriquí

Un espectáculo para a primeira infancia que nos leva a illa Chirimiri, chea de alegría e ritmo, onde unha tribo chamada Arcoíris celebra a vida co berro Quiquiriquí! A través de cancións, personaxes divertidos e xogos sonoros, créase un espazo tenro e seguro no que os bebés poden gozar, descubrir emocións e iniciar as súas primeiras relacións con outros amigos e amigas da súa tribo.

Galego

Picadiscos María Faltri

María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, e ao longo de 60 minutos, María brindará aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.

Galego

Eh, Sabina!

Eh Sabina! nace da aclamación popular, da devoción pola música do gran Joaquín Sabina, da necesidade das súas cancións e das emocións que producen en nós, xeración tras xeración.

A admiración e respeto ás cancións do mestre conseguiron xuntar os mellores músicos do país, dando como resultado un espectáculo excepcional e sobresaínte que non deixa indiferente a ninguén, unha aposta segura.

Galego

Din de min

O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que representa a riqueza cultural que ten Galiza.

A agrupación folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras.

A maior parte dos temas que interpretan están compostos por eles mesmos e combínano con xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos do repertorio tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto