Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Real Filharmonía de Galicia – Dirección futura

A Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa formación e o impulso das novas xeracións de directoras e directores a través dun proxecto pedagóxico que pon o foco na práctica orquestral real. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a orquestra consolida unha liña de traballo vinculada á aprendizaxe, á experimentación e ao contacto directo co repertorio sinfónico profesional.

Galego

Real Filharmonía de Galicia – Espírito indomable

A tempada da Real Filharmonía de Galicia continúa cun programa que explora a forza transformadora da música e a capacidade do individuo para abrir novos camiños sen renunciar ás súas raíces. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a orquestra pon en diálogo dúas obras separadas por máis dun século pero unidas por unha mesma pulsión creativa: a procura dunha voz propia e dun horizonte de liberdade.

Galego

Real Filharmonía de Galicia – Contrafactum

A Real Filharmonía de Galicia presenta un programa que explora o diálogo entre tradición e creación contemporánea, entre memoria musical e renovación estética. Baixo a dirección de Jordi Francés, a orquestra constrúe un percorrido no que conviven a estrea absoluta dunha nova obra, un gran concerto romántico e unha das sinfonías máis emblemáticas do século XX.

Galego

Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #1 Xacobeo: Unha noite de tango

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o ciclo (EN)FOCO desta tempada cunha proposta dedicada ao universo de Astor Piazzolla, figura clave na renovación do tango e creador dunha linguaxe musical que fusiona tradición e vangarda. Un concerto que percorre a intensidade emocional, a liberdade creativa e a forza expresiva dun dos compositores máis influentes do século XX.

Galego

Paula Mattheus

A cantautora vasca Paula Mattheus chega a Santiago coa súa nova xira Todo lo alto que quiera (y más), un directo no que presenta as cancións da súa nova etapa artística xunto aos temas que a converteron nunha das voces emerxentes máis destacadas do panorama pop de autor estatal.
Coa súa forma íntima e sincera de contar historias, Paula Mattheus constrúe concertos cheos de emoción e proximidade, nos que conviven a enerxía dos grandes himnos coreados polo público e a delicadeza das súas composicións máis persoais.
 

Galego

Niña Polaca

A banda Niña Polaca chega a Santiago de Compostela dentro da súa xira ONU Tour, coa que presenta o seu último traballo e repasa os temas que a consolidaron como unha das formacións máis potentes do indie rock estatal.
Cun directo enérxico, guitarrero e cheo de actitude, o grupo combina ironía, potencia e melodías pegadizas nun concerto pensado para o público de salas.
 

Galego

Great Straits -The great songs of Dire Straits

“The great songs of dIRE sTRAITS” é o novo espectáculo de Óscar Rosende e a súa banda gREAT sTRAITS, unha homenaxe á exitosa traxectoria de Dire Straits.
Un show que consolidou a gREAT sTRAITS como unha das propostas tributo máis destacadas de Europa, grazas á súa evolución constante e a unha posta en escena coidada ao detalle, tanto a nivel musical como técnico.

Galego

Rebovina Divas Live

Visten a escena e sácanlle o po as súas mellores galas para a ocasión.

Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo.

Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara os momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Galego

BachCompostela·In aeternum – Bach ante o público

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto