BachCompostela·Tres voces, un diálogo – Sonatas e tríos variados
A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.

