Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ginebras

A festa de Ginebras en Santiago de Compostela xa ten nova data oficial para 2027.
A xira ¡Donde Nada Es Para Tanto Tour! fará parada en Galicia en febreiro de 2027, nun concerto no que a banda presentará o seu último traballo e repasará os temas máis destacados da súa traxectoria.
Unha cita imprescindible para gozar do directo dunha das bandas máis recoñecidas do panorama pop-rock nacional.
 

Galego

Deitado na area

Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá, autor de temas tan emblemáticos coma Teño Saudade ou Fogar de Breogán, fan un repaso pola obra de Andrés do Barro, contextualizando histórica, social e culturalmente o momento en que foron compostas e toda a Nova Canción Galega, e dotando o repertorio dobarriano de novas roupaxes sonoras. Unha ollada diferente para presentarlle o autor ferrolán ás novas xeracións e ofrecerlles información descoñecida a aqueles que viviron o ascenso de Andrés do Barro ao número 1 das listas de éxitos estatais cantando en galego.

Galego

VI Cata Sonora

As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa sexta edición, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo.

Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a sesión.

Galego

Natureza e Cultura

As cancións de POI teñen unha temática centrada na protección da natureza e da cultura como alicerce fundamental da nosa sociedade.

Ademais da súa mensaxe protectora, as cancións de POI tamén inclúen elementos espirituais que che farán reflexionar.

Galego

A Trikidisco

Pulpiño Viascón e o seu acordeón presentan un novo show de música itinerante para pasarrúas con ritmos de muiñeira africanos, ska, cha cha cha, e xotas, cun equipo de son portátil e máquina de pompas, ademais dunha potente voz microfonada, a alegría e o baile están asegurados con A Trikidisco.

Galego

Consertasso na horta 

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

 

Galego

Real Filharmonía de Galicia – Melodías ocultas

Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha viaxe pola transformación da idea de melodía na música sinfónica, desde a escritura máis fragmentada e contemporánea ata algúns dos grandes fitos do Romanticismo ruso.
O programa ábrese con Melodien de György Ligeti, unha obra na que a melodía se multiplica e se dilúe nun fluxo continuo de liñas que se cruzan, se interrompen e se reconstrúen nun espazo sonoro en permanente transformación. A orquestra convértese nun organismo vivo, onde cada voz mantén unha identidade propia dentro dun tecido en constante movemento.

Galego

Travesías e mitos

Orquestra Sinfónica de Galicia Roberto González Monjas, director Dmitri Shishkin, piano
Antonín Dvořák: Abertura Otello Camille Saint-Saëns: Concerto para piano núm. 5 en Fa maior, Op. 103, «Exipcio» Gustav Mahler: Blumine Antonín Dvořák: O trasgo da auga
A música de Dvořák constrúe un universo no que a emoción e a natureza conviven con forza narrativa. Na abertura Otello, o compositor afonda no lado máis escuro do amor, cunha atmosfera sombriza na que os celos erosionan progresivamente o discurso musical ata a súa disolución.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto